Trinta e catro obras optan aos XVII Premios COAG

O Colexio de Arquitectos entregará os seus galardóns o vindeiro 17 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:
Trinta e catro obras optan aos XVII Premios COAG

O xurado da XVII edición dos Premios COAG de arquitectura deu a coñecer na rede as propostas finalistas destes galardóns. En total, 34 obras optan a se facer cun premio aos mellores traballos nas categorías de vivenda, rehabilitación, equipamento, deseño urbano, interiorismo, baixo custo, divulgaicón e proxecto fin de carreira. A selección realizouse entre un total de 158 propostas visadas, e finalizadas entre o 31 de xullo de 2014 e a mesma data de 2016, e quedaron desertas as categorías de arquitectura novel e de arquitecturas efémeras. As propostas gañadoras daranse a coñecer durante a entrega de premios do 17 de marzo no Teatro Principal de Ourense.

O xurado, composto por Antonio Maroño, Inês da Silva, Guadalupe Piñera, Fernando Agrasar, Cristóbal Crespo e José Luis Sanmiguel Guerreiro, acordou tamén outorgar a Xosé Xavier Suances Pereiro, o premio COAG na categoría especial a toda a traxectoria profesional, "en recoñecemento ao seu exercicio profesional e con motivo da súa dilatada experiencia como colexiado".

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, COAG, Colexio de Arquitectos, Teatro...