Cambados e Sada obteñen fondos do Ministerio para actividades culturais

O ciclo Música con D.O. e a Feira Modernista recibiron un total de 90.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Só dous concellos galegos obtiveron fondos do Ministerio de Educación e Cultura na convocatoria de axudas a corporacións locais "para actividades culturais que fomenten a comunicación cultural". En concreto, Cambados obtivo 40.000 euros para desenvolver o ciclo Música con D.O., que está previsto para o vindeiro verán e que incluirá actuacións musicais de diferentes estilos, espectáculos e actividades de dinamización de rúa entre ouras propostas. A iniciativa desenvólvese en colaboración co Concello de Peñafiel, que desenvolverá unha programación paralela e que tamén obtivo fondos do Ministerio para o proxecto. Pola súa banda, Sada contará con 50.000 euros desta entidade para financiar o Festival Musical Ismos, que se integra no programa da súa Feira Modernista.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cambados, Sada, Feira, Educación...

Claves

Conceptos
Lugares