O teatro galego recibe axudas do Ministerio de Cultura

Culturactiva ou o Concello de Ribadavia son algunhas das entidades beneficiarias

11/10/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
25 lecturas | Compartido 0 veces
O Boletín Oficial do Estado publica hoxe a resolución das axudas ao teatro e ao circo do Instituto Nacional de Artes Escénicas e da Música, polo que esta entidade do Ministerio de Educación e Cultura apoia xiras, festivais ou actividades en salas. Entre os beneficiarios deste ano atópanse algunhas das máis destacadas citas escénicas galegas. Así, Culturactiva, que organiza o Festiclown, recibiu 11.000 euros, mentres o Concello de Ribadavia, responsable da Mostra Internacional de Teatro, 19.500. Tamén a asociación Barriga Verde, que coordina o galicreques, obtivo 8.000 euros destas axudas.
A nivel de salas privadas, Teatro del Andamio e Teatro Ensalle recibiron apoio para a súa actividade, ao igual que as compañías Títeres Cachirulo, Teatro do Noroeste e Tanxarina.

Universo culturagalega.gal