Luis Iglesia B. e Xabier Deive lánzanse ao musical con Sede de mal

A obra comezou este mes a súa xira e recala en Compostela hoxe e mañá

13/2/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Foi a brincar coa súa interpretación de personaxes televisivos malvados que Luis Iglesia B. e Xabier Deive artellaron Sede de mal. Un encontro de telepredicadores malvados que alternan monólogos e diálogos con interpretacións musicais de blues e rock nunha comedia salvaxe. O proxecto, que chega a escena da man da compañía Boneca Lareta, estreouse o pasado mes de novembro e comezou a súa xira este febreiro. Logo de visitar Celanova ou Cangas, o dúo recala hoxe e mañá en Santiago e Compostela e continuará vaixe por Allariz (día 15), Noia (16), A Estrada (21) ou Cedeira (22).

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Blues, Comedia, Rock, Cedeira...