Unha nova ocupación reivindica o uso cultural da Sala Yago

Un grupo de activistas introduciuse onte no antigo cinema compostelán

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Algo máis de dous anos despois da última tentativa, a Sala Yago, antigo cinema compostelán voltou ser ocupado ontes. Un grupo de activistas forzou a entrada ao edificio e instalouse no interior, colgando faixas na fachada a reivindicar o emprego cultural do conxunto e a denunciar o incumprimento das promesas municipais de lle dar un uso. Os ocupantes anuncian hoxe mesmo o comezo dunha programación cultural no espazo. Un xantar, unha asemblea e unha mesa redonda sobre o proceso de ocupación e a proxección do filme Douro, faina fluvial de Manoel de Oliveira. Desde o Concello iniciáronse xa contactos cos propietarios do predio con vistas a efectuar o desaloxo do mesmo.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Manoel de Oliveira

Claves

Protagonistas
Conceptos