Logo de anos fechada, a Sala Yago voltará ter programación cultural esta fin de semana. Esta mesma mañá un grupo de persoas sen identificar entrou no local abandonado e pegaron no seu exterior carteis co lema co lema "Gran reapertura da Sala Yago. Pola recuperación dos nosos espazos". Nos mesmos, anuncian a celebración de debates, cinefórum, concertos, obradoiros, espectáculos de monicreques e unha actuación teatral. A programación comeza cun xantar ás 14:30 horas desta tarde e continúa ata domingo pola noite, coa celebración dun concerto.
Malia a que a policÃa estivo a falar cos ocupantes da sala, non semella que se prevean accións de desaloxo inminentes. O alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, vencellou o feito ás eleccións do vindeiro domingo e sinalou que desde o Concello contactarán coas autoridades pertinentes con vistas a conseguir o desaloxo do edificio "o máis cedo posible".
Para última hora desta mañá estaba convocada unha concentración solidaria cos ocupantes, que animan ao público a acudir ás actividades programadas. A Sala Yago é un edificio de titulariedade privada que estaba sen uso desde o ano 2007 logo de cincuenta anos de actividade como teatro e como cinema.
Programa da Sala Yago para a fin de Semana..Malia a que a policÃa estivo a falar cos ocupantes da sala, non semella que se prevean accións de desaloxo inminentes. O alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, vencellou o feito ás eleccións do vindeiro domingo e sinalou que desde o Concello contactarán coas autoridades pertinentes con vistas a conseguir o desaloxo do edificio "o máis cedo posible".
Para última hora desta mañá estaba convocada unha concentración solidaria cos ocupantes, que animan ao público a acudir ás actividades programadas. A Sala Yago é un edificio de titulariedade privada que estaba sen uso desde o ano 2007 logo de cincuenta anos de actividade como teatro e como cinema.
Fonte: Perfil de Facebook de Berro Bambán