A policia desaloxa a Sala Yago en Compostela

O antigo teatro fora ocupado o pasado venres coa intención de desenvolver actividades culturais

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A ocupación e reapertura da Sala Yago como espazo cultural non chegou a cumprir unha semana. Efectivos da Policía Nacional realizaban hai escasas horas unha operación de desaloxo do antigo teatro compostelán, detendo no proceso, e segundo as últimas informacións, a dez persoas. Fóra disto, non se produciron incidentes nunha operación que se iniciou por mandato xudicial. Desde a ocupación da sala o pasado venres, desenvolvéranse na mesma concertos, proxeccións e outras actividades de carácter cultural, e mesmo entidades como o Cineclube de Compostela anunciara que trasladaba as súas actividades a este local. Para as 20 horas está convocada unha concentración de protesta cono este desaloxo na Praza Oito de Marzo.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos