Raxoi pretende recuperar a Sala Yago como escola de teatro

As últimas novas sobre o espazo apuntaban a unha iniciativa privada

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Ocupa un dos emblemáticos edificios da zona histórica de Santiago e foi, de sempre, un recinto que acolleu proxectos culturais simbólicos para a cidade. Agora, o novo equipo municipal quere recuperar a Sala Yago como escola de teatro para nenos, así como aproveitar o seu uso para outras actividades como a danza ou o jazz. Segundo publica o xornal El Correo Gallego, o concello de Santiago desbota a compra do inmoble, e baralla o seu alugueiro para o seu proxecto cultural. A nova contrasta co publicado hai uns meses, nos que se apuntaba á reapertura do edificio para uso cultural pero a cargo de entidades privadas.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Jazz, Danza, El Correo Gallego...