Unha campaña recolle sinaturas en contra dos proxectos do concello de Ferrol para o Ateneo

O goberno municipal pretende mudar o nome do edificio e reducir o espazo da entidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Ateneo é unha das entidades culturais máis antigas e prolíficas da cidade de Ferrol. Creado en 1879 goza de gran actividade cultural así como unha biblioteca-hemeroteca de grande interese para investigadores. Con todo, o concello ferrolá pretende reducir o espazo que ocupa ao pretender trasladar a ese edificios outras entidades o que, segundo os mantedores do Ateneo dificultará a celebración de actividades. Ademais, entre os plans do concello figura tamén un cambio de nome do edificio “Centro cultural e cívico Concepción Arenal”. Para evitar estes cambios, acaban de lanzar rede unha campaña para recabar sinaturas de apoio.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Ferrol, Concepción Arenal

Claves

Protagonistas
Lugares