Ferrol mercará o edificio militar de Monteventoso para actividades ambientais

O espazo desapareceu do listado de edificios que Defensa tiña previsto cederlle ao concello

13/8/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
17 lecturas | Compartido 0 veces

Os edificios militares de Ferrol que están en desuso pasarán a ter usos sociais e culturais. En 2004 o concello asinara un convenio co Ministerio de Fefensa para ceder oito propiedades despois da súa desafectación. Dese listado caseu Monteventoso, o antigo observatorio meteorolóxico, que o concello pretende converter nun centro para actividades ambientais. Por ese motivo, o alcalde acaba de anunciar que este ano iniciará as negociacións para mercar este edificio. Ao tempo, o Diario de Ferrol informaba que o concello solicitou a algunhas entidades ecoloxistas informes sobre os seus posibles contidos.


Universo culturagalega.gal

Universos

Claves