A cultura ferrolá pide axuda para evitar a desaparición do Ateneo

Solicítanlle ao Concello que abone os custos do traslado do seu patrimonio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Ateneo Ferrolán, fundado en 1879 corre risco de desaparecer. A causa, unha débeda de 39.000 euros coa empresa de mudanzas que se fixo cargo de todo o patrimonio que atesouraba na súa sede mentres se realizaban as obras de rehabilitación da mesma, cedida polo Concello. Unha concentración onte ante os xulgados nos que se dirimía o caso, unha manifestación o pasado martes ou unha campaña en Change.org son algunhas das iniciativas que se están a desenvolver co apoio de diferentes entidades sociais e culturais da cidade para salvar esta asociación.

Segundo denuncian desde o Ateneo, "o traslado e almacenamento da biblioteca, hemeroteca e enseres do Ateneo non foi unha iniciativa desta entidade, senón que se fixo por esixencia do Concello de Ferrol e da dirección de obra, co compromiso de que o Ateneo nunca tería que facer un desembolso económico para o que non tiña capacidade financeira". Ao mudar o goberno municipal, a nova corporación "negouse a asumir o pagamento deste gasto", o que levou a empresa a reter todo o patrimonio do colectivo e a reclamar a débeda.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ateneo Ferrolán, Concello de Ferrol

Claves

Entidades
Lugares