O Ateneo Ferrolán busca mecenas para salvar o seu patrimonio

A entidade precisa 39.000 euros para saldar unha débeda que ía asumir o concello

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Todo o patrimonio do Ateneo Ferrolán, fundado en 1879, atópase desde hai cinco anos embargado no almacén dunha empresa de mudanzas. A negativa do Concello a asumir como se comprometera o custo de 39.000 euros do traslado da entidade cultural levou a esta situación, que pon en perigo estes fondos documentais e hemerográficos. Agora, o Ateneo acaba de pór en marcha unha campaña de mecenado para tentar reunir estes fondos e chama a realizar doazóns tanto vía web como de xeito presencial. En paralelo, programáronse outras actividades para acadar apoios. Así o Teatro Estaleiro da Sociedade Grupo Bazán celebrará unha función benéfica no Ateneo Ferrolán o 22 de maio e o día 27 desenvolverase unha xornada de festa, cultura e solidariedade no Seixo.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Atenea

Quiosco: Atenea

A revista do Ateneo Ferrolán chega ao número 33

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ateneo Ferrolán, Documentais, Teatro

Claves

Entidades
Conceptos