O Ateneo Ferrolán dixitaliza o boletín agrarista Libertad

Estivo activo entre 1924 e 1936

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O Ateneo Ferrolán dixitaliza o boletín agrarista Libertad

O Ateneo Ferrolán continúa coa súa tarefa de dixitalización dos fondos coa publicación de 35 números do órgano da sociedade de agricultores, que estaba radicada en Serantes. O xornal ofrece valiosa información para coñecer o movemento agrarista e a historia do actual concello ferrolán (resultado da fusión dos previos de Serantes e Ferrol) no periodo da ditadura de Primo de Rivera e a Segunda República. O xornal conta tamén cun certo número de colaboracións en galego. O Ateneo Ferrolán ten emprendido un amplo programa de dixitalización dos seus fondos, que publica no repositorio de Archive.org.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Atenea 35

Quiosco: Atenea 35

Os 130 anos do Dique da Campá protagonizan a capa da revista do Ateneo Ferrolán

Quiosco: Atenea

Quiosco: Atenea

A revista do Ateneo Ferrolán chega ao número 33

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ateneo Ferrolán, Segunda República

Claves

Entidades
Lugares