Desaparece o proxecto cultural da Sala Yago ao ter que desaloxar o emblemático espazo que ocupaba

A última función

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O 30 de xuño de 2007. Esta é a data na que a emblemática Sala Yago pechará as súas portas. O motivo é que os propietarios do edificio gañaron o último preito para desaloxar os inquilinos, unha sentenza que os xestores da sala renuncian recorrer polas “poucas posibilidades” que teñen para gañar. Coa desaparición do espazo físico, esvaécese tamén o proxecto cultural que os seus xestores manteñen desde 1997 que abrangue desde proxeccións cinematográficas, teatrais (era a sala residente de Teatro do Noroeste) ata espectáculos de marionetas.

Máis información sobre o peche en La Voz de Galicia e sobre a Sala Yago na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A Sala Yago acolle a proxeccion dun ciclo de cine sobre o cineasta alemá Rainer Werner Fassbinder
De martes a domingo, na Sala Yago (Compostela). Consulta o programa aquí

Fassbinder Yago

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro do Noroeste, La Voz de Galicia, Culturagalega