A sala Yago gaña o premio especial Max que tamén lle fora concedido ás salas NASA e Galán

Max Yago

| Santiago.Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
As tres salas alternativas de Santiago, Nasa, Galán e Yago, eran as tres gañadores dun dos premios especiais Max que concede a SGAE. Pero ao final o galardón será unicamente para a sala de monicreques Yago. A sala Galán confirmou a culturagalega.org que renunciaran a un premio que é de atribución directa. Segundo publica "La Voz de Galicia" na edición de Santiago tanto a sala Nasa como a Galán rexeitaran o premio debido ás diferencias que manteñen co órgano convocante, a SGAE. Un feito que lle negou a esta redacción a SGAE.

Máis información na edición local de Santiago de La Voz de Galicia e no web dos Premios Max.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con SGAE, La Voz de Galicia, Sala Galán, Sala Nasa...