Quiosco: Grial 200

A publicación cumpre 50 anos e abre unha serie de reflexións sobre o futuro da cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Quiosco: Grial 200

Hai cincuenta anos que botaba a andar Grial da man da editorial Galaxia. Esta publicación de referencia acaba de presentar o seu número 200 e aproveita a efeméride para abrir unha serie de reflexións sobre o futuro da nosa cultura. Así, a actual entrega recolle textos de Marilar Aleixandre, Xoaquín Fernández Leiceaga, Edelmiro López Iglesias, Henrique Monteagudo, X.M.Núñez Seixas ou Ramón Villares a analizar a evolución de aspectos como a educación, a lingua, a sociedade, a economía ou a Galicia exterior ao longo destas cinco décadas. Ademais,recupéranse dous textos históricos do primeiro número da revista a cargo de Ramón Piñeiro e Xohana Torres. Xosé Manuel Dasilva, Malores Villanueva, Dolores Vilavedra, Inma López Silva, Agar Ledo ou Daniel Beiras son outras das sinaturas que participan no número.

Segundo sinalan desde Galaxia, no cando de optar por un número especial, a editora pretende celebrar o aniversario abrindo unha serie de reflexións sobre o futuro de distintos aspectos da nosa cultura que se irán publicando en sucesivas entregas da revista baixo o epígrafe 50 anos con GRIAL.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Quiosco: GRIAL 238

Quiosco: GRIAL 238

A publicación celebra o seu 60 aniversario poñendo o foco no contexto da súa creación en 1963

Quiosco: Grial 197

Quiosco: Grial 197

Os cincuenta anos da Fundación Penzol protagonizan a nova entrega da revista