O MAC da Coruña acolle a exposición Bolseiros DKV Grand Tour

O centro mantén abertas mostras de Takeshi Shikama, Manuel Vilariño e a colectiva Antes de irse

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
O MAC da Coruña acolle a exposición Bolseiros DKV Grand Tour

Os traballos dos dez gañadores das bolsas DKV Grand Tour que convoca a Universidade Politécnica de Valencia desde hai cinco anos compoñen a nova proposta do Museo de Arte Contemporánea (MAC) da Coruña. A exposición que se inaugura ás oito desta tarde está comisariada por Alicia Ventura e poderá verse ata o vindeiro 20 de abril. De xeito paralelo, o museo mantén abertas exposicións dedicadas ao fotógrafo Manuel Vilariño (Mitologías, ata o 23 de febreiro), a Takeshi Shikama (Los murmullos del bosque, ata o 7 de marzo), e a colectiva 2014 / Antes de irse. Ideas sobre la pintura, que se poderá contemplar ata o 30 de marzo.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Vilariño, Exposicións, Valencia

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares