O MAC retrata a xeración de pintores que non chegan aos 40

A mostra pódese visitar ata o 30 de marzo de 2014

A artista Miren Doiz. Foto: MAC
A artista Miren Doiz. Foto: MAC
O comisario David Barro deseñou o proxecto expositivo e editorial "2014/Antes de irse. Ideas sobre la pintura" co obxectivo de achegarse a toda unha xeración de artistas que aínda non chegaron aos 40 anos pero que teñen gran influencia na pintura española contemporánea. A mostra pódesde ver desde onte ata o 30 de marzo de 2014 no Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa da Coruña, e inclúe obras de sete artistas: Miren Doiz, Jerónimo Elespe, Philipp Fröhlich, Santiago Giralda, Laura González Cabrera, Guillermo Mora e Alain Urruti. Para David Barro, "representan sete tendencias ou forams de entender a pintura contemporánea, que fixo da contaminación unha das súas razóns de ser". Ademáis da exposición Barro editou un libro que recolle a obra e as reflexións de 40 artistas.