A galería Metro presenta a mostra colectiva Do tecer

Convoca ademais o segundo encontro de performance Crash!!

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A galería Metro presenta a mostra colectiva Do tecer

Co traballo artístico a partir do téxtil como base, a galería compostelá Metro presenta, ata o vindeiro 25 de xaneiro, a mostra De tecer. O proxecto, coordinado por Melania Freire, fai parte dunha iniciativa destinada a facilitarlle a novos comisarios oportunidades para desenvolver o seu traballo. Na mostra poden verse obras de creadores como Cristina Domínguez, Roi Durán, Laura Fabero, Teresa Búa ou Marta Lloria entre outros.

De xeito paralelo, a galería ten aberto, tamén ata o vindeiro 25, o prazo para achegar propostas para a segunda edición de Crash!! Colisión de perfomances. A nova xeira do encontro, que botou a andar en 2012 está coordinado por Metro e mais por Aire Centro de Arte e desenvolverase no espazo Caldeiraría 50 ao longo de varias xornadas nos meses de febreiro em arzo.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Arte que se move

Arte que se move

A Galería Metro reivindica a performance en Compostela coa iniciativa Crash!!

Un estado creativo

Un estado creativo

Suso Basterrechea amosa o seu El amor... en un coche bomba na Galería Metro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Cristina Domínguez

Claves

Protagonistas
Conceptos