Fragmento de obra de El amor... en un coche bomba
Ata o vindeiro tres de marzo a Galería Metro de Compostela amosa El amor... en un coche bomba, unha mostra na que Suso Basterrechea amosa o que, segundo el, é unha fase dentro dun proceso creativo. Unha colección de debuxos de grande formato que conmpoñen un discurso "complexo irónico e confuso", segundo adiantan na galería. Tal e como explica o artista, esta mostra "é un estado máis dunha obra aberta, en continua evolución e que adopta formas diversas adaptadas a distintos ámbitos". Para alén, dos debuxos realizados principalmente en témpera e esmalte, o proxecto contempla outras formas de creación como mobiliario, esculturas, instalacións, textos, carteis ou accións. O traballo de Basterrechea representou à Galería na última edición de Art Madrid.



