Xurxo Penalta e Emma Ríos recuncan en Image con 8House

Das Pastoras debuxa para Marvel Thor: God of Thunder 18

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Imaxe de presentación de 8House

Imaxe de presentación de 8House

Dous creadores galegos de banda deseñada participan na nova serie do guionista Brandon Graham para a coñecida editorial estadounidense Image. 8House é unha serie fantástica que, ao longo de catro volumes, explora un mundo rexido por oito casas. Xurxo Penalta será o encargado de ilustrar o guión de Graham para a primeira entrega, mentres Emma Ríos asinará o argumento do terceiro volume, con debuxos de Hwei Lim. A serie ten prevista a súa publicación ao longo de 2014.

De xeito paralelo, este mesmo mes chega ás tendas estadounidenses o número 18 de Thor: God of Thunder. O volume conta con debuxos do galego Das Pastoras e guión de Jason Aaron.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emma Ríos, Das Pastoras, Guión, Banda deseñada...