O Plenario do CCG aproba o orzamento e o plan de actividades para 2014

O CCG concentrarse na recuperacion de figuras, libros e organismos relevantes para a nosa historia

Onte o CCG celebrou o último plenario do ano e fíxoo aprobando o orzamento asignado para a institución e o plan de actividades para o 2014. Serán máis de 30 eventos públicos canda o tradicional traballo da institución en informes, estudos, publicacións e proxectos de divulgación en Internet.

O Plenario do CCG aprobou onte o orzamento da institución para 2014 (2.374.447€) e o plan de actividades que se acometerán durante o vindeiro ano. Destacáronse catro accións de relevancia: a recuperación das figuras de Fray Rosendo Salvado e Lino Novás e as accións de difusión e investigación ao redor do Sempre en Galiza de Castelao, no ano no que se cumpren 70 anos da súa primeira edición en Bos Aires e da constitución do Consello de Galiza en Montevideo.

Entre as actividades que se realizarán durante o 2014 tamén se continuará co ciclo “Os sentidos das culturas”, traendo relevantes pensadores internacionais a Galicia e estimulando o debate sobre as últimas tendencias na cultura, así como debates e reflexións sobre 25 anos do audiovisual galego.