Xosé Paulo Rodríguez aspira a unha programación estable na Rede Española de Teatros

O ourensán foi elixido como director desta entidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Logo de dous anos á fronte do teatro Rosalía de Castro da Coruña o ourensán Xosé Paulo Rodríguez era elixido este mes como director da Rede Española de Teatros. Segundo anunciou o novo responsable da entidade, o seu principal obxectivo é acadar unha programación estable na que a influencia das mudanzas políticas quede minimizada. No mesmo sentido, sinalou a necesidade de normalizar o sector das artes escénicas para permitir que os practicantes destes oficios poidan "vivir decentemente".

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Xosé Paulo Rodríguez, Rosalía de Castro, Artes Escénicas...