A Coruña aposta pola programación estable de danza

O Teatro Rosalía acollerá ao longo de todo o ano o ciclo TRC

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:

A responsable de Cultura do Concello da Coruña, Ana Fernández, presentaba onte o ciclo TRCdanca. Este proxecto, que nace "con vontade de permanencia" achegará ao Teatro Rosalía de Castro unha programación estable de danza ao longo de todo o ano, no que, segundo asegurou Fernández, é un caso "único en Galicia". A tenente alcalde asegurou tamén que a intención do concello e continuar con esta proposta en vindeiros anos. O programa, que comprende ata o vindeiro mes de decembro 14 actuacións de xéneros como a danza contemporánea, neclásica ou flamenco, entre outras.

Gharbo a coprodución de Contra2 co Centro Coreográfico Galego, e Aínda, tamén do CCG, serán as primeiras actuacións que se poderán ver. A Compañía de Danza Clásica de Cuba ou La Veronal son outras compañías que participarán no ciclo.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Teatro, Rosalía de Castro, Teatro Rosalía de Castro...