Ourizos, nenas e moleskines

O escritor Séchu Sende publica dixitalmente álbumes ilustrados

Detalle de <i>Os soños de Maré</i>, de Séchu Sende
Detalle de Os soños de Maré, de Séchu Sende
“Desde que son papá teño menos tempo para escribir. Deseñar é como máis espontáneo e require menos adicación. Eu podo deseñar case coas nenas no colo, ou cando esto una cama, e permíteme sacar unha creatividade que preciso comunicar”. Moleskines xaponesas escaneadas, unha conta en Issuu, e o escritor Séchu Sende leva xa 10.000 impresións dixitais duns fermosísimos cadernos que combinan viaxes, poesía, nenos e…ourizos.

O escritor e profesor de secundaria Séchu Sende gustaba de deseñar desde sempre, pero a produción de álbumes ilustrados e dixitalizados é dos últimos catro cinco anos. A práctica do sketching por parte de Séchu (unha tendencia creativa de moda consistente en compartir borradores dixitais) nace “por unha necesidade de compartir estes impulsos creativs coa com unidade á que pertenzo”. Os libros de Séchu están cheos de experiencias cotiás, moi íntimas, “pero estou vendo que a miña ollada identifícase coa de máis xente”. Ás veces, mesmo parecen crónicas ou reportaxes, ao recolleren as declaración de participantes en asembleas de formación de escolas. “Ultimamente estou lendo moitísima banda deseñada e novela gráfica e aprendendo delas, e se cadra vén de aí”. Unha vez escaneados e publicados, Séchu outórgalles licenzas Creative Commons para facilitar a súa distribución.

“Quero que sexan accesibles”, afirma Sende, “porque se se imprimiran en papel serían moi caros tanto para as editoras como para os compradores”, aínda que algún destes cadernos, en concreto Falarás a nosa lingua pode que acade unha versión en papel. Preguntámoslle a Séchu Sende por que aparecen ourizos de continuo na súa obra. “É un símbolo que me persigue desde hai tempo e non me dou librado del, pero de entre todos os ourizos, eu quédome con aqueles que son capaces de cruzar a estrada e salvar da morte”.

Os libros de Séchu Sende representan un universo de pequenas cousas: nenos durmindo, a natureza do Courel, os recordos de infancia, os animais desvalidos.

Os álbumes ilustrados de Séchu Sende

Vende-se



Canguru


Os tesouros de Baronha


Dúas noites na casa das bruxas


Os soños de Maré