Iván Sende debuta na BD con Advaita

A editora española Diábolo publica esta historia de descubrimento espiritual na India

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Iván Sende debuta na BD con Advaita

O ilustrador de Vedra Iván Sende acaba de debutar na banda deseñada. A editora española Diábolo publicou nas súas novidades para este mes Advaita. A obra narra as aventuras do propio autor durante as súas viaxes pola india e a busca espiritual que mantivo de xeito paralelo. Unha obra de nada menos que 170 páxinas a toda cor que sae á venda a 17,90 euros. Sande fíxose coñecido noso país por ilustrar obras como Sira e o robot e diversos libros infantís de María Reimóndez.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con India, María Reimóndez, Banda deseñada, Vedra

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares