A editorial Através quere levar os seus traballos ao ámbito galego-portugués

A nova firma da AGAL inaugúrase con obras de Sechu Sende, Ugia Pedreira e Carlos Taibo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Associaçom Galega da Língua acaba de dar a coñecer Através, un novo selo editorial que pretende levar os seus produtos tanto a Galicia como a Portugal. O proxecto inicia a súa andaina con Animais! un álbum ilustrado de Séchu Sende, Noente paradise. Poemas e canções de Ugia Pedreira e mais Parecia não pisar o chão. Treze ensaios sobre as vidas de Fernando Pessoa de Carlos Taibo. Proximamente tamén lanzará a versión en norma AGAL do Sempre en Galiza de Castelao. O selo contará con coleccións de clásicos, ensaios, lingua e creación, e estará dirixido por Miguel R. Penas.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ugia Pedreira, AGAL, Portugués, Séchu Sende...