A Coruña acollerá o Simposio Roberto Vidal Bolaño

Celébrase o vindeiro 17 de setembro na Facultade de Filoloxía e na sede da RAG

A Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña e mais a sede da Real Academia Galega reparten os actos do Simposio Roberto Vidal Bolaño que se celebra o vindeiro 17 de decembro na Cidade Herculina. O dramaturgo que protagonizou o Día das Letras Galegas este ano será obxecto de análise de estudosos como Iolanda Ogando, Xulio Lago, Gustavo Pernas, Alfonso Becerra ou Roberto Pascual. Ademais, abrirase unha exposicións dos fondos sobre o autor na Biblioteca Arquivo Francisco Pillado e poderá verse o documental Recuperando a RVB.

Programa do Simposio Roberto Vidal Bolaño .