Os editores denuncian recortes ao libro nos orzamentos

Cifran en 440.000 euros a mingua nos apoios ao seu sector

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A Asociación Galega de Editores publicaba onte unha nota na que denuncia a súa preocupación "e clara disconformidade coas partidas orzamentarias" previstas no proxecto de Orzamentos para 2014. Segundo a AGE, para o vindeiro ano haberá haberá 440.000 euros menos para o libro. Ademais, o colectivo denuncia a desaparición das axudas á edición de grandes obras e os recortes en partidas de axudas tradución, edición de materiais curriculares e adquisición de fondos de libros en galego para as bibliotecas públicas. O colectivo apunta que "mentres se recorta en partidas trascendentais para apoiar á cultura do país, outras intrascendentes para a promoción e o coidado da produción cultural, manteñen o seu orzamento inalterabel dende hai máis de catro anos".

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Tradución, Bibliotecas, AGE...