A XXIII Semana de Cine Submarino céntrase en Galicia

Lugo acolle desde hoxe o I Ciclo de Cinema Rural en Lingua Propia

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
A XXIII Semana de Cine Submarino céntrase en Galicia

Dúas estreas galegas protagonizan a XXIII Edición da Semana de Cine Submarino, que se celebrará en Vigo entre o 26 e o 28 deste mes de novembro. Marcados para sobrevivir de José Irisarri e Nas aguas do Norte Ibérico: os ríos, de Manuel Pedrosa e Mariám Mariño, son as producións que se presentan no festival. Canda a elas, poderá verse tamén Crónicas do mar o último traballo do pontevedrés afincado en Estados Unidos Leandro Blanco.

De xeito paralelo, a Facultade de Humanidades de Lugo acolle desde hoxe o I Ciclo de Cinema Rural en Lingua Propia. O programa arrinca coas proxeccións de O monte é noso, de Llorenc Soler (1978), e con Stop al expolio de los bienes comunales, do colectivo 15M-León, e continuará en datas por confirmar nos vindeiros meses de febreiro, marzo e abril coas proxeccións de Das weisse Band, de Hanneke; Une hirondelle a fait le printemps, de Carion, e Terra para Rose, de Tetê Moraes.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Lugo, Manuel Pedrosa, Estados Unidos...

Claves

Protagonistas
Conceptos