Desde hoxe e ata o vindeiro domingo o Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo, celebra os seus once anos, e faino cunha chea de actividades. Proxeccions dunha selección de vídeos do Latino Video Art Festival of New York e do documental Asolagados, visitas guiadas, unha performance de Pablo Fidalgo Lareo, unha Pecha Kucha Night ou obradoiros para nenos son algunhas das propostas que o centro acolle. Dentro do programa está a terceira xeira do proxecto Artistas, que quere visibilizar os traballos dos alumnos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Esta iniciativa desenvólvese tamén no Centro Galego de Arte Contemporánea.
As actividades enchen o XI aniversario do MARCO
O Museo acolle parte do proxecto Artistas de para visibilizar os alumnos de Belas Artes
2 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares


