Carta de presentación

Vinte e seis creadoras buscan o seu espazo na arte contemporánea

19/11/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Antía Cea García Siempre hay insolentes..., 2012 Fotocopia, 10,5x15,5 cm

Todas son novas, artistas e mulleres. As vinte e seis creadoras que conforman o proxecto Artistas formáronse na facultade de belas Artes e Pontevedra e ese vínculo común é o que as converte en protagonistas deste proxecto encamiñado a dar visibilizar os seus traballos. Unha exposición de postais, unha publicación e accións en lugares atípicos para a arte cumpren con ese cometido.

Ana G. Pascual Morning Fog, 2012 Fotograf’a dixital a cor, 22x33 cm
1/6
Cillas Seyde Postcards (Serie “Soy aqu’”), 2011 Impresión dixital en branco e negro sobre papel, 10x15 cm c/u
2/6
Alba Blanco Boga. Tres pelos, 2012. Páxina central de álbum ilustrado, 20x40 cm
3/6
Alicia Martínez Casals. Vacío/Lleno, 2012 Ilustración dixital, 14x20 cm
4/6
Artista-s
5/6
Nuria Bouzas Loureiro Paula Naya. Debuxos no xardín, 2012. Técnica mixta sobre parede, medidas variables
6/6

Indagar sobre a identidade con representacións do propio rostro, os desastres económicos, as inxustizas sociais, a necesidade da memoria para comprender a existencia… son moitas as temáticas que estas novas creadoras empregan nas súas obras. As profesoras Mar Caldas e Almudena Fernández fariña son as comisarias deste proxecto promovido pola Universidade de Igualdade da Universidade de Vigo co obxecto de apoiar as alumnas que rematan os seus estudos neste centro e inician a súa andaina no espazo profesional.

É a segunda edición do proxecto que conta con tres accións: unha exposición na fachada da biblioteca do Campus de Ourense (Belén Naveira, Cynthia Alfonso Barreiro, Irene Saíñas, María Prada, Nuria Bouzas Loureiro e Sabela R. Zamudio), unha edición de postais distirbudías polos vestíbulos dos edificios máis transitados da universidade e unha publicación que recolle documentación e obra das accións anteriores. Este volume enviarase a axentes culturais do ámbito do comisariado, da crítica, da dirección de institucións artísticas e a institucións culturais, galerías e centros de arte contemporánea do estado español e do estranxeiro.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

26/10/2011

Elas… as artistas

Un proxecto pretende dar a coñecer as artistas formadas na Facultade de Belas Artes

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Belas Artes, Facultade de Belas Artes, Pontevedra...