Muimenta centra os actos do Día do Peón

As actividades para reivindicar este brinquedo tradicional repártense por todo o país

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Muimenta centra os actos do Día do Peón

A reavivar do dito Por San Martiño, peóns aos camiños, Brinquedia, a Rede Galega do Xogo tradicional, celebra hoxe por noveno ano o Día do Peón. Coa intención de reivindicar este brinquedo tradicional, centros de ensino e colectivos de todo o país celebrarán sesións de xogo e actividades como certames de decoración de peóns. No entanto, o acto central celébrase esta mañá en Muimenta da man da asociación Xotramu. Unha exposición destas pezas, unha demostración ao vivo de como se fabrican, xogos e un concurso de pintado son as actividades previstas para esta mañá.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Martiño, Ensino

Claves

Conceptos
Lugares