A Illa acolle o IV Curso de Formación sobre Patrimonio Lúdico

Brinquedia organizará un encontro europeo sobre esta temática en 2013

13/9/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimoniosociedade
22 lecturas | Compartido 0 veces
Centradas no patrimonio lúdico costeiro e as súas posibilidades educativas, a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional e mais Nova Escola Galega convoca para os vindeiros 21 e 22 deste mes na Illa de Arousa. O encontro, dirixido tanto a docentes como a persoas interesadas, abordará variedades locais de xogos así como técnicas de navigación tradicional, e servirá para presentar diferentes iniciativas. Os participantes poderán coñecer tanto xogos para os cativos axeitados para o patio escolar como para adultos. Ademais haberá obradoiros sobre xogos tradicionais e música, natureza e arte.
Pola súa banda, Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional, anuncia no seu web que correrá o vindeiro ano coa celebración dun encontro a nivel europeo sobre este tema. Santiago e Ourense acollerán o groso das actividades dun Eurofestival que incluirá a celebración dun congreso, o Festival europeo de xogos tradicionais, actividades escolares e outras propostas a prol da recuperación do patrimonio lúdico.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
3 lugares identificados
Claves temáticas