O XIX Ponte... nas ondas! abordará o patrimonio lúdico

A iniciativa coordínase coa celebración do Festival europeo de xogos e deportes tradicionais

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Ata o vindeiro 30 de outubro está aberta a inscrición para a XIX edición de Ponte... nas ondas! A xornada multimedia escolar centrarase en 2013 na reivindicación do patrimonio lúdico galego-portugués baixo o lema Ponte a… brincar!. Os centros que desexen participar poden enviar as súas propostas de actividades sobre este tema, con liberdade para escoller o xeito de o abordar. A organización colabora no Festival europeo de xogos e deportes tradicionais que se celebrará en xuño de 2013 en Galicia, e os centros participantes terán a posibilidade de participar nas actividades deste evento.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugués

Claves

Conceptos