Ourense acollerá os actos de Ludaria

A Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais reunirase na cidade en xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Ludaria

Ludaria

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acollía esta mañá a presentación do programa de actos que se celebrarán na cidade a coincidir con Ludaria, a asemblea da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais. A Cidade das Burgas acollerá entre os vindeiros 20 e 23 de xuño este encontro internacional, que irá acompañado de demostracións, un coloquio e mais o VII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, que transcorrerá o día 22. Ademais, darase saída a dúas novas actividades que pretenden ter continuidade no tempo, unha xuntanza de modalidades galegas de Bolos, que se fará en Parada de Sil, e mais unha intervención festiva sobre as gaitas de palla.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Marcos Valcárcel, Centro Cultural Marcos Valcárcel, Sil...