Vigo presenta o seu programa teatral

Compostela pon en marcha un proxecto de formación en artes escénicas para os máis novos

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O Concello de Santiago presentaba esta mañá Compostela Actúa, un programa de dinamización para os máis novos centrado nas artes escénicas e musicais. Cursos de baile e canto, actuación teatral e interpretación instrumental compoñen esta iniciativa que bota a andar a partir do mes de decembro. Os interesados en participar terán que se someter a castings de avaliación. No caso da Cidade Olívica, Vigocultura acolle actuacións de música, danza teatro ata o vindeiro 22 de decembro, alternando compañías galegas e foráneas. No programa ten grande importancia o teatro familiar, con oito actuacións como as de Elefante Elegante, Gorakada e Factoría Norte. Para adultos están previstas representacións de Fulano, Mengano e Citano, RTA, Cándido Pazó ou Sexpeare, El Espejo Negro e Mimaia.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Artes Escénicas, Teatro, Cándido Pazó...