Jazzatlántica leva once recitais á Coruña

Chucho Valdés, Gregory Porter ou Michel Camilo actuarán entre o 21 de outubro e o 27 de novembro

18/10/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O Teatro Rosalía de Castro e mais o Palacio da Ópera concentrarán as actuacións da nova edición e Jazzatlántica. O festival volta á Coruña entre o 21 de outubro e o 27 de novembro a ampliar a súa programacion en tres recitais respecto ao ano pasado. En total serán once concertos con figuras internacionais como Medeski, Martin & Wood, Gregory Porter, Chucho Valdés, Joe Lovano e Saxophone Summit ou Michel Camilo. A representación galega irá á cargo de Marcos Pin, Verónica Fereiro e mais a G.S.M. Big Band e Jorge Prado. De xeito paralelo programaranse Jam Sessions e dúas clases maxistrais.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía de Castro, Teatro, Ópera, Teatro Rosalía de Castro

Claves

Protagonistas
Conceptos