A OSG e o concello coruñes programan jazz nun novo ciclo

Jazzatlántica inclúe oito actuacións de primeiro nivel e outras accións con músicos locais

O trompetista Ambrose Akinmusire (31 de outubro, Ágora), coñecido por ser un virtuoso con velocidade e fluidez, habilidade para xerar novos tipos de formas será o encargado de abril Jazzatlantica. Trátase dun programa no que a Orquestra Sinfónica de Galicia e o concello da Coruña pretenden achegar o mellor do jazz con nomes de primeiro nivel. Canda o trompetista de orixe nixeriana, destacan Kurt Elling, Paquito D´Rivera, Crhistian Scott, Abe Rábade Trío e China Moses. A programación compleméntase cun ciclo de concertos, jam sessions e Big Band a cargo de grupos locais.

As principais citas do programa musical son as seguintes:

-Wayne Shorter Quartet. (Mércores, 7 de novembro – Teatro Rosalía Castro – 21.00 horas.
-Kurt Elling. (Luns, 12 de novembro – Ágora – 21.00 horas)
-Paquito D’Rivera (Martes, 20 de novembro – Ágora – 21.00 horas)
-Christian Scott (Luns, 26 de novembro – Ágora – 21.00 horas.
-Abe Rábade Trío (Mércores, 28 de novembro – Ágora – 21.00 horas)
-China Moses (Sábado, 1 de decembro – Ágora – 21.00 horas)

De xeito paralelo, o Consorcio para a Promoción da Música preparou outras oito actuacións para dar a coñecer o traballo e a calidade dos músicos e dos talentos locais.

- Concertos no Conservatorio Superior de Música (Jam Sessions no Conservatorio: 8, 15 e 29 de novembro; e Big Band do Conservatorio o 4 de decembro. 21.00 horas)
- Concertos nos pubs Garufa e Filloa: (Combos do Conservatorio: 22 de novembro. 23.00 horas. Pub Garufa; concerto e jam session o 5 de decembro. 22.00 horas. Pub Filloa)
- Concertos na Escuela Municipal de Música: Joven Ensemble o 9 de novembro ás 20.30 horas e Jazzy Band o 23 de novembro ás 20.30 horas.
Jazzatlántica.