O Ministerio de Cultura resolve dúas das súas axudas á cinematografía

Ainda que deixa fóra Cans, apoia festivais como o S8 e o Play-Doc

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Boletín Oficial do Estado recolle hoxe a resolución de dúas convocatorias de axudas no ámbito audiovisual que afectan a proxectos galegos. Tal e como xa se fixera público o pasado setembro, a convocatoria de apoios a festivais deixou sen financiamento estatal o de Cans, no Porriño, ao igual que o pasado ano. Pola contra, o Play-Doc e o festival coruñes S8 reciben desta volta 7.000 e 5.000 euros respectivamente.

Na outra liña, destinada a apoiar a distribución de longametraxes e conxuntos de curtas, atopamos tamén producións que tiveron participación galega como Somos gente honrada, de Castelao Films ou Operación E, protagonizada por Luís Tosar.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Play-Doc, Cans, Ministerio de Cultura, Porriño...

Claves

Protagonistas
Lugares