
Ademais, Von Hafe anunciou que para o final de novembro está previsto inaugurar a exposición 93, que recollerá obras de máis de 120 artistas galegos e contemporáneos producidas precisamente no ano de apertura. "Será como un corte histórico no que o visitante emerxe nun contexto cultural específico", sinalou o director.
Como retos para o futuro do centro, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, destacou na rolda de prensa que o reto para o futuro "é que a cidadanía se apropie do centro, e de todos os museos", mentres Von Hafe salientou a importancia da "continuidade na traxectoria" do CGAC ata hoxe e a necesidade de "atraer máis xente do turismo de Santiago", ao tempo que sinalaba unha tendencia ascendente de visitantes ao centro.