O CGAC olla a Portugal e a Latinoamérica no seu vixésimo aniversario

O orzamento para actividades e programación baixou un 60% desde 2009

1/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A obra do lisboeta Miguel Palma estará desde o 8 de marzo

“Estamos ante un novo paradigma no que cambian os modos e as condicións de traballo, pero non debemos esquecer o reto da calidade da programación en tempos difíciles” aseguraba o seu director, Miguel von Hafe, antes de desvelar as exposicións que pasarán polo Centro Galego de Arte Contemporáneo neste 2013. Miguel Palma, James Welling, Víctor Grippo, Graham Gussin e Ricardo Basbam son os nomes que compoñen o ano expositivo. Pero este non é un ano ao uso, xa que o centro cumpre dúas décadas. E para celebralo, rematarán o ano con 93, unha exposición que agrupa obra creada no ano que o CGAC abria as súas portas. O conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, fixo alusión á traxectoria do centro, agradeceu aos seus cinco directores telo convertido “nun referente de prestixio”. O CGAG asume as actividades e programación deste ano con 1.300.000 euros, que é un 60% menos que en 2009.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Latinoamérica, Portugal, Xesús Vázquez, Educación...