Por oitavo ano consecutivo a Asociación de Escritores en Lingua Galega organiza o ciclo de mesas redondas Escritores na Universidade. A Facultade de FiloloxÃa e Tradución de Vigo acolle os tres encontros que, co eixe Unha outra literatura para un outro tempo reflexionarán sobre a posmodernidade, a influencia da situación económica e social no discurso poético ou hibridismo de linguaxes nas artes escénicas. Alberto Lema e Samuel Solleiro son os convidados para tratar da narrativa o 26 de setembro, Berta Dávila e Gonzalo Hermo encargaranse da poesÃa o 3 de outubro e AntÃa Otero e Vanesa Sotelo representarán a escrita dramática o 24 de outubro.
Programa do VIII Escritores na Universidade.