A Xunta reduce en 80.000 euros as axudas ás industrias culturais

Unha corrección de erros no DOG modifica a contía anunciada a pasada semana

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe unha correción de erros pola que a Xunta modifica a contía destinada ás axudas ás industrias culturais. Segundo recolle o texto, o importe global máximo das subvencións pasa de 1.010.000 euros a 930.000, o que supón unha redución de 80.000 euros. A convocatoria orixinal saíra publicada o pasado 17 de setembro.

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves