O Diario Oficial de Galicia do pasado venres publicou correccións de erros de catro liñas de axudas convocadas por Agadic. Trátase das subvencións a produción de curtametraxes en versión orixinal en lingua galega, axudas ás industrias culturais, contidos interactivos e desenvolvemento de proxectos audiovsiuais en lingua galega que se traducen nunha reducción das partidas previstas inicialmente en 250.000 euros. Segundo fontes de Agadic, esta rebaixa enmárcase dentro do plan de austeridade proposto polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ante o contexto xeral de crise e que implicou rebaixas en gran número das axudas convocadas.