A Coruña inaugura encontros de fotografía e de cinema

CoruñaFilm celébrase en outubro e Fotocoruña ata o vindeiro mes de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A Coruña inaugura encontros de fotografía e de cinema

A Coruña renova a súa oferta cultural. Dous ciclos, un dedicado ao cinema e outro centrado na fotografía, celebraranse na Cidade Herculina este outono. Coruñafilm, que se presentaba onte, achegará unha vintena de actividades entre os días 4 e 6 de outubro, incluíndo encontros profesionais, obradoiros, debates ou rodaxes exprés. Jaime Chávarri, Santiago Tabernero ou Jorge Coira participarán nos encontros con directores mentres Isaki Lacuesta correrá coa realización dunha rodaxe en 36 horas. Canda a isto, representantes de diferentes ámbitos do cinema estatal debaterán sobre a situación e problemática deste medio en distintos debates e mesas redondas.

Pola súa banda, Marina Abramovic, Edward Weston, Ron Galella, Axel Hütte ou Cristina Moroño son algúns dos creadores que exporán a súa obra en Fotocoruña. O encontro de fotografía e vídeo que se celebra por vez primeira na Cidade Herculina comezou este mes a súa actividade e prolongarase ata o vindeiro xaneiro incluíndo tamén varias mostras colectivas en diferentes espazos da cidade. O encontro abrangue tamén as xornadas de formación Photoágora, que reunen recoñecidos fotógrafos do Estado e que inclúen mostras como A paisaxe dos barrios.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Fotografía, A Coruña, Jorge Coira...

Claves

Protagonistas