A Mostra de Artes Escénicas celebrarase entre o 4 e 6 de novembro

O Centro Coreográfico substituirá a produción Rosalía por A bela adormecida

10/9/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) abría esta mañá o prazo para solicitar a participación na vindeira Mostra de Artes Escénicas. Tal e como anunciara o organismo, mantense o título co que se celebrara o evento hai dous anos logo de que en 2012 non houbese edición. A iniciativa, que pretende contribuír á comercialización de espectáculos do país, ocupará catro escenarios de Compostela entre os días 4 e 6 de novembro, e contará con 22 producións que se poderán ver completas (dez) ou en formato showcase (as outras doce), estas últimas cun máximo de vinte minutos de representación.

De xeito paralelo, e segundo informa Praza Pública e confirma AGADIC, o Centro Coreográfico Galego, dependente deste organismo, non representará a anunciada obra Rosalía. A montaxe, inspirada na célebre poeta, facía parte dos actos de conmemoriación dos 150 anos de Cantares Gallegos. No canto diso para o mes de febreiro de 2014 o grupo de danza prevé estrear A bela adormecida, unha produción para a que se fará unha selección de bailaríns o vindeiro novembro.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Axencia Galega das Industrias Culturais, Cantares Gallegos, Danza...