Xesús Fraga gaña o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil

A súa obra Reo impúxose entre as 34 presentadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Reo, unha historia protagonizada por un grafiteiro adolescente, valeulle a Xesús Fraga facerse co Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil na súa novena edición. O traballo de Fraga impúxose entre as 34 novelas presentadas por "escoller unha temática actual e unha linguaxe directa para rescatar valores", segundo sinalou o xurado e mais pola súa aposta por "falar da identidade dun rapaz adolescente que manifesta as súas inquedanzas a través da cultura urbana". O autor levará o premio de 6.500 euros que concede a Deputación da Coruña e verá a súa obra publicada.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xesús Fraga, Xesús Fraga, Literatura, Identidade...

Claves

Protagonistas