Morre o pintor Xaime Cabanas

Foi un dos renovadores da plástica galega dos 70 e 80

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Un posible derrame cerebral rematou esta noite coa vida de Xaime Cabanas, pintor coruñés que participou de xeito moi activo nos movementos renovadores da pintura galega de finais dos 70 e principios dos 80, como Sisga, A Galga ou Atlántica. A partir do ano 1985 Cabanas optou por aillarse e só participou en exposicións colectivas. O pintor nacera na Coruña no ano 1953.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, A Coruña

Claves

Conceptos
Lugares