A Coruña inaugura unha mostra sobre os renovadores da plástica galega

Renovando homenaxes

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

As obras de Colmeiro, Souto, Laxeiro, Seoane e Maside, ou o que é o mesmo, os renovadores da plástica galega chegan á Coruña este venres da man da Fundación de Caixa Galicia. E onte uns trinta artistas galegos rendiron unha homenaxe ó poeta Manuel Luís Acuña no Museo do Pobo Galego en Compostela.

Renovación


Dende mañá, venres ata o próximo 15 de abril a sala de exposicións da Fundación Caixa Galicia acollerá unha mostra monográfica sobre a obra dos "renovadores". Un grupo de artistas coñecidos como os creadores e artífices da renovación do movemento plástico galego. A mostra está composta por un total de 35 cadros formado basicamente por Colmeiro, Souto, Laxeiro, Seoane e Maside.
A colección Caixa Galicia xordeu no ano 1996 como unha iniciativa que impulsa o coleccionismo corporativo e crear unha colección de carácter propio.




Homenaxe pictórica

Este ano conmemórase o centenario do poeta ourensán Manuel Luís Acuña. Por eso, unha trintena de artistas de tres xeracións, entre as que destaca a obra de Seoane, Quessada ou Sucasas, réndenlle unha homenaxe. Unha mostra que se poderá ver no Museo do Pobo Galego ata o vindeiro 3 de marzo e que dá continuación á mostra xa inaugurada no Edificio Simeón de Ourense.
Nesta homenaxe preténdese destacar a importancia do intelectual ourensán impulsor da renovación pedagóxica ademais de ser un activo xornalista.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Maside, Colmeiro, Manuel Luís Acuña...